Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 14 de junio de 2016

Deseño do xogo


Co obxectivo de elaborar un produto final de temática xeográfica sobre Asia (medios físico, económico, humano e político) vamos pautar cales serán as bases do mesmo e de que vai dispoñer. O noso grupo decidiu levar a cabo un xogo de mesa, consideramos que é unha opción máis dinámica ca o formato dixital e oferta un abano de posibilidades máis amplio. Así é todo, esto é o que precisaremos:


Materiais:

Taboleiro co mapa de Asia, deben aparecer as capitais. Toda a superficie de xogo será unha gran cuadrícula e cada cadrado terá diferentes cores e símbolos que organizarán o avance dos participantes.
Tarxetas coas preguntas en 4 cores:
-Amarelo para o medio físico
-Azul para o medio político
-Rosa para o medio económico
-Verde para o medio humano


3.Peóns/Fichas
4. Dado para asignar as quendas.
5. Tarxetas co nome do país e a capital (estilo Monopoly)
6. Tarxetas sorpresa/especiais
7. Cronómetro ou reloxo de area


Instrucións:

1. É necesaria a participación de mínimo 4 xogadores, en caso de ser moitos, faranse grupos igualitarios.
2. Cada participante/equipo terá un dado e un peón ademais das tarxetas que gañe.
3. Para desprazarse polas casillas só hai que avanzar o número de cadrantes que apareza no dado.
4. Un alumn@ encárgase das cuestións.
5. A cuadrícula consta de cadrados das catro cores (correspóndese a unha pregunta), casillas para volver lanzar un dado ou dous dependendo do debuxo e tarxetas sorpresa.


Obxectivo:
Ser conquistadores por un día e conseguir colonizar o máximo número de países posibles (as capitais), quen obteña máis territorios gaña.


Regramento:
1. Cada xogador empeza nunha esquina do taboleiro.
2. Para poder conquistar unha rexión débense ter os puntos que se especifican na casilla da capital, para gañalos débense obter os puntos necesarios (cada tipo de tarxeta segundo o medio terá unha puntuación por resposta correcta:
-5 puntos o medio físico
-8 puntos o medio político
-10 puntos o medio económico
-4 puntos o medio humano.
Se o alumn@ decide colonizar un país, garda a tarxeta e cada vez que outro xogador caia na casilla da cidade conquistada, deberá darlle os puntos que se especifican na marxe superior da tarxeta ó propietari@
3. Para responder ás cuestións terán 1 minuto de reloxo, en caso de que exceda o tempo, conta como mal.
4. Se a resposta é correcta, ó que lle toque segue xogando e se é incorrecta, perde a quenda.
5. É posible a transferencia dun territorio se así o esixe a tarxeta sorpresa.
6. A partida acaba cando sexa conveniente, proclámase gañador/a aquel que logre extender as súas propiedades, para comprobalo sumaranse o valor de cada solar (puntos).

miércoles, 1 de junio de 2016

Preguntas


Preguntas Viaxando polo mundo

1. Observa a gráfica sectorial e sinala a resposta correcta: Que economía está terciarizada, é dicir, presenta unha elevada porcentaxe de poboación activa dedicada ó sector servizos (tendo en conta que se trata dunha característica propia dos países desenvolvidos)?
a) Turquía


b) Qatar


c) Emiratos Árabes Unidos




2. Segundo os seguintes documentos xeográficos, o sector primariode que país está centrado na agricultura e na gandaría?

a) Filipinas

b) Omán



3.De que fonte de enerxía dispón Kazajistán en comparación con Uzbekistán sabendo que se trata dun recurso natural renovable?
a) Enerxía eólica


b) Carbón e lignito

c) Enerxía hidráulica






4.Que industria téxtil é máis potente, a de Turquía ou a de India? Para elixir a opción correcta débense ter en conta os seguintes datos extraídos da OEC.

a) Turquía

b) Pakistán


5. Cal destas balanzas de pagamentos , indicador económico que ten en conta todas as transaccións económicas efectuadas entre os residentes dun país con economías estranxeiras, é excedentaria?
a) Xapón




b) Qatar



c) Armenia



6. Elixe que economía ten unha balanza comercial negativa, sabendo que este indicador mide a diferenza entre o valor das importacións e das exportación na economía dun país durante un período de tempo.
a) Israel


b) Arabia Saudita




c) Kuwait





7. Elixe dous compoñentes do bloque económico da ASEAN:
a) Vietnam e Bhután

b) Tailandia e Laos

c) Filipinas e Bangladesh





8. Que país ten un PIB , tendo en conta que se trata dun indicador económico que mide o valor medio producido por todas as actividades económicas dun país durante un ano, máis elevado?

a) Kazajistán



b) Jordania



c) Emiratos Árabes Unidos



9. Cales son as principais materias primas que podemos atopar en Siria e non en Irán?









a) Petróleo crúo

b) Froitos secos e produtos de limpeza

c) Algodón e especias

10. Cales son os compoñentes dos dragóns asiáticos?
Os catro tigres ou dagóns asiáticos son 4 zonas industriais que entre 1960 e 1990 mantiveron altas taxas de crecemento e industrialización, despois da Guerra Fría consideráronse potencias económicas.
Características:
-Man de obra abundante
-Salarios baixos
-Carencia de dereitos laborais
-Creación de zonas francas portuarias (exentas de impostos)
-Fonte inversión estatal.

a) Taiwán, Corea do Norte, Corea do Sur e Singapur

b) Singapur, Hong Kong, Corea do Sur e Taiwán

c) Hong Kong, Shangái, Corea do Sur e Taiwán



11. Segundo o IDH, índice que mide o grao de desenvolvemento humano tendo en conta a esperanza de vida, o PIB e os anos de media de escolaridade, que rexión está máis desenvolvida?

a) Corea do Sur e Xapón

b) Arabia Sudita e Omán

c) Georgia e Azerbaixán


12. Estes son os anos de escolaridade media en Jordania e Arabia Saudita, se só tivésemos en conta este dato, cal está menos desenvolvido?

a) Corea do Norte

b) Israel






13. Relaciona o PIB co grao de desenvolvemento, cal destas tres economías comparte as características dun país en vías de desenvolvemento?

a) Líbano

b) Bangladesh

c) Cambodia






14. Estes son os datos que sinalan a esperanza de vida en Vietnam e Cambodia, cal corresponde a unha sociedade subdesenvolvida?

a) Vietnam


b) Cambodia



15. Observa as dúas pirámides de poboación, cal é progresiva (propia dos países subdesenvolvidos, presenta unha base ampla e un crecemento moderado que asegura o rexeneramento xeneracional da poboación)?

a) India


b) Georgia




16. Que sociedade presenta unha maior fertilidade na muller (media de fillos/as)?

a) Emiratos Árabes Unidos




b) Israel




17. En que país a poboación se concentra nas áreas urbanas? Gráfico de barras

a) Turquía

b) Vietnam



18. Cal destas rexións ten unha densidade de poboación máis elevada (media de habitantes por quilómetro cadrado)?

a) China (137 hab/km cadrado)
b) Rusia ( 9 hab/ km cadrado)

c) Corea do Sur (503 hab/ km cadrado)



19. Que cidade conta con maior número de habitantes?

a) Bangkok (Tailandia)- 6. 355 millóns


b) Ulan Bator (Mongolia)- 1. 345 millóns


c) Yerevan (Armenia)-1. 060 millóns



20. En que país o acceso a Internet é deficitario?
a) En Vietnam

b) En Bangladesh

c) En Iran

miércoles, 11 de mayo de 2016

Plan de equipo



Cargo
Funcións e tarefas
Data de incorporación
Nome e número
Coordinador/a
-Controla  a repartición de tarefas  e a súa execución
-Representa ó grupo
11/05/2016

Laura P.R Nº23
Mediador/a
-Coida o ton e a quenda de palabra no equipo, asegura un bo clima de traballo.
-Responsabilízase de tomar notas  se fose necesario.
11/05/2016

Paula R.P Nº27
Axudante
-Colabora cos outros compañeir@s.
-Establece os tempos de fala xunto co mediador/a e se un compañeir@ falta, cubre o seu posto.
11/05/2016

Mario C. A Nº7
Motivador/a
-Favorece o desenvolvemento do proxecto, recolle por escrito (ou no blog) todas as ideas do grupo.
11/05/2016

Ana C. N Nº10




Ideas:
1.  Monopoly sobre Asia Occidental
2. Xogo en formato cartolina/ cartón (Trivial, oca)
3. Preguntas online (Power Point)
4. Pasapalabra

martes, 5 de abril de 2016

Tarefas realizadas



Neste traballo ´´Proxecto Vigo sustentabe``algunhas das tarefas que realicei neste proxecto foron:  ao comenzo deste, a busqueda de información sobre que empresa que  podiamos facer, ao igual que os meus compañeiros. Decidimos facelo sobre o hotel NH de Vigo,eu  busquei informacion sobre o proxecto sustentable que estabamos realizando e escribin algunhas das preguntas da entrevista que tiñamos pensado  facerlle, ao fianl non puidemos facelo sobre esta empresa e tivemos que buscar outra, xa que a maioria das mais coñecidas e que podianse encontrar en Vigo  xa estaban collidas decidimos facelo sobre Clavo Conxelados, que é unha empresa de Caldas.
neta segunda empresa  coma na anterior realicei  algunhas das preguntas da entrevista, busquei información sobre esta, escribin parte do reportaxe e axudei a montar o video, esas son algunhas das tarefas que fixen.
Non puidemos visitar esta empresa xa que esta un poco lonxe, a empresa nos mandou a información necesaria,  fotos, videos... para que puideramos facer o video e a reportaxe escrita, tamen realizamos unha entrevista telefónica ao director comercial, e varias entrevistas sobre o que pensaban os traballasores da empresa.

Non cambiaria co grupo co que realicei o traballo, xa que o fixemos bastante ben, e aparte tamen o pasamos ben facendo está actividade.

o maís difícil foi encontrar unha empresa xa que tivemos moitos problemas. 

viernes, 22 de enero de 2016

Reportaxe escrita

p style=" margin: 12px auto 6px auto; font-family: Helvetica,Arial,Sans-serif; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: normal; font-size: 14px; line-height: normal; font-size-adjust: none; font-stretch: normal; -x-system-font: none; display: block;"> PDF Empresa

Video


                              VIDEO